4.8.06

Inauguramos...

Y QUEDA INAUGURADO ESTE PANTANO...

Jejejeje, que non, que non hai ningunha presa. O que sí que inauguramos hoxe é un novo foro. Si, si. Lichedes ben. Un foro. Con el pretendemos crear un espazo de charla acerca do noso xogo favorito sen tabúes nen censuras. Aquí pódese cambiar, vender, mercar, charlar, debatir, facer apoloxía (iso é do que me acusan cando me banean dos chats), en fin, todo o que queirades. Pero non esquenzades, como lle faltedes ao respecto a alguen, a ira de moderadores e administrador caerá sobre vos como unha Ira de Dios nun mazo de trasgos.

Que o disfrutedes

2.8.06

Primeira carta de Time Spiral

Xa está aquí a primeira carta de Time Spiral,trátase de de Gemstone Caverns, inspirada na carta proposta por Tsuyoshi Fujita no Invitacional. A pesar de que este Pro non saíse vencedor do encontro, o apoio popular que tivo esta carta forzou a Wizards of the Coast a incluíla na nova ampliación. Trátase dunha terra lexendaria que se está na túa man e non sales ti, poderás comezar a xogar con ela en mesa cun contador de sorte. Grazas a isto, con tan só xirala agregarás un maná de calquera cor á túa reserva de maná. Sen embargo, se esta circunstancia non se dá, tan só agregará maná incoloro.



Haberá que esperar para ver si esta nova carta verá xogo, pero o que case é seguro e que o seu prezo será desorbitado, se vemos o caras que se están cotizando este tipo de cartas.