9.6.06

Primerias cartas de Coldsnap

Ola a todos, xa están na rede as primeiras cartas da vindeira expansión, Coldsnap (ola de frío). Polo que puidemos ver vólvese á mecánica de terras nevadas e de mantemento acumulativo, recuperando así, as habilidades de Ice Age. A continuación postearei as cartas blancas, negras e azuis das que xa temos imaxe dispoñíbel, xunto cun breve comentario persoal. Disfrutádeas.


Nome: Glacing Plating
Coste de maná: 2WW
Texto: mantemento acumulativo maná nevado. A criatura encantada obtén +3/+3 por cada contador de idade que haxa sobre ela.
Comentario persoal: unha carta que pode ser útil até que chegue ao cuarto contador e cunha criatura con evasión


Nome: Jötun Grunt
Tipo de carta: Criatura - soldado xigante
Coste de maná: 1W
Texto: mantemento acumulativo - pon dúas cartas dalgún cementerio na parte inferior da súa biblioteca.
Comentario persoal: unha carta que revitaliza a esquencida Boros Deck Wins


Nome: Jötun Owl Keeper
Tipo de carta: criatura-xigante
Coste de maná: 2W
Texto: Mantemento acumulativo - W ou U. Cando Jötun Owl-keeper sexa posto nun cementerio dende o xogo, pon en xogo tantas fichas de paxaro brancas 1/1 que voan como número de contadores de idade teña.
Comentario persoal: a verdade e que esta carta pode ser moi útil en formatos como limitado, xa que permite poñer un número considerábel de fichas cun mantemento acumulativo relativamente pequeno.


Nome: Comandeer
Coste de maná: 5UU
Tipo de carta: instantáneo
Texto: podes remover dúas cartas azuis da túa man en vez de pagar o coste de maná do Commandeer. Gaña o control do feitizo non-´criatura obxetivo. Podes elixir novos obxetivos para el.
Comentario persoal: estamos ante unha especie de Misdirection de alianzas. A verdade e que esta carta paréceme bastante boa xa que non so cambia os obxetivos dos instantáneos e conxuros, se non que ademais te permite obter o control de artefactos, e encantamentos....JITTE...COMMANDEER.

Nome: Chilling Shade
Coste de maná: 2B
Tipo de carta: criatura-sombra
Texto: Voa. Maná nevado: Chiling Shade obtén +1/+1 até final de turno
Comentario: Eiquí unha das mellores cartas que vin desta ampliación. Non é unha sombra nantuko no sentido en que costa un maná máis e ten un de ataque menos, pero...VOA. ¿Cantas veces non quixeramos que a nosa sombra nantuko voase? pois ben, ese soño fíxose realidade en forma de Chilling Shade


Nome: Feast of Flesh
Tipo de carta: conxuro
Coste de mana: B
Texto: Fesast of Flesh fai X danos á criatura obxetivo e ti gañas X vidas onde X é o número de Feast of Flesh que haxa en tódolos cementerios.
Comentario persoal: personalmente esta carta paréceme bastante mala e que tan só verá xogo en algúns mazos de bloque que xoguen moito anticriatura ao que non lle quede máis remdio que meter esta chufa.

Sem comentários: