8.00 hora zulú: sona o despertador. Érgome a duras penas xa que durmira moi pouco (estiven até as 4.00 da mañá fozando no mazo e preparandome para o torneo). Dúchome, almorzo, e marcho para aBastilla, onde quedara con Alberto.
9.00 hora zulú: chego á Bastilla, agardo uns 10 minutos e chega Alberto con cara de ter durmido moito menos ca min. Recollemos a Fernando en Esteiro, e imos falando do que imos xogar e do metagame esperado.
9.30 hora zulú: chegamos a Metropolis Comics. Alí está Manu cobrándolles aos que aínda non pagara e preparado para vender fundas. Mércolle un pack de 100, e logo chega Luigi e dime que non valen, xa que teñen brillos. Pode que coma estratexia de marketing estivese moi ben, pero conmigo non colou e non merquei outras fundas.
Pouco a pouco a xente foi chegando a xente. Destacando a presenza de algún xogadore de fora da Comunidade, e dunha expedición provinte de Ourense. Apuntamos o mazo e marchamos cara o colexio.
11.00 hora zulú: iníciase o torneo. Somos 27 persoas, menos do esperado, pero xogamos igual.
Finalmente eu pilotaba este mazo:
4 Encabezahorda Trasgo
4 Jefe de Guerra Trasgo
4 Matrona trasgo
3 Reclutaodor trasgo
1 Kiki-Jiki el rompe espejos
1 Tirador de primera trasgo
1 Cabecilla trasgo
1 Rey trasgo
1 Mox de cromo
1 Pétalo de loto
4 Frasco de Éter
4 Lacayo Trasgo
3 Comandante de Sitiadores
4 Relámpago
2 Minero Skirk
3 Goblin Grenade
3 Brezal Azotado por el Viento
1 Estribaciones Boscosas
4 Fundición Sagrada
4 Erial
2 Puerto Rishadano
5 Montaña
BANQUILLO
2 Pyroblast
3 Cáliz del vacío
4 Espadas en Guadañas
4 Reguero de ruptura
2 Sello blanco
RONDA 1
Oponente: Miguel Álvarez
Mazo: Oath
Posición acadada por el: 1ª
Resultado: 1-2
1ª Partida
Teño unha arrancada rápida, pero el no segundo turno me baixa un Xuramento dos Druídas, entrando no terceiro Akroma. Tres turno e morto. 0-1
2º Partida
Fora chispas, e a dentro Espadas en Guadañas. Nesta partida foime mellor. Arranco rápido, 3 encabezahordas e o arrollo. 1-1
3º Partida
Arranco rápido, pero el me frena con espadas en guadañas. No terceiro turno me baixa un xuramento, entra akroma no 4º. Pégame 2 turnos, e lla removo cunha espadas. Aguanto uns turnos máis até que entra o coloso. Non roubo máis espadas. 1-2. Comeza o desastre.
RONDA 2
Oponente: Omar
Mazo: Affinity
Posición final acadada por el: descoñecida
Non se presenta e gano 2 -0 . Paso toda a ronda xogando contra unha Food Chain Goblins, á que lle gano a maioría das partidas
RONDA 3
Oponente: Dani Teijeiro
Mazo: Oath
Posición final acada por el: descoñecida
1º Partida
El mulligan a seis, eu saio rápido: lacayo, comandante de sitiadores. Un par de turnos e gano. 1-0
2º Partida
Banquilleo as espadas en guadañas e os sellos brancos. Esta partida estivo mais reñida. Eu roubo unhas espadas en guadañas e un sello de man. Pero non teño maná blanco. Espero até roubar unha fundición e removo unha molesta Akroma que purulaba por ahí. No seguinte turno lle rompo a Oath co sello, pero baixa outra. Tira un Brainstorm e coloca a Razia xusto enriba para poder activar a Oath, esquéncese e a volve a roubar. Estaba en 2 vidas, e baixo un tirador de primera trasgo e un minero. Tiro a el co tirador, sacrifico o mineiro para extraer maná, enderézase o tirador e o mato. 2-0. Unha nova esperanza
RONDA 3
Oponente: David Pérez
Mazo: tinker-coloso
Posición acadada por el: TOP 8
1º Partida
Saio rápido pero me deixa sen maná a base de erial e cantera e planta rapidamente un coloso. Morro en 0.5
2º Partida
Contrarresta todo o contrarrestábel e baixa outra vez o coloso. Pinzo 2-0
Dropeo para xogar Legacy
PROS:
- Ter xogado un torneo de Vintage
- Conseguir un cenagal ensangrentado
- Conseguir unha serpe arrogante en xaponés firmada por John Avon
CONTRAS
- Non ter feito nada no torneo de Vintage
- Ter pasado de estar pelexano pola 1º posición no toreno de legacy, a quedar de 5º
- Que a organización non previse que podíamos ter sede.
18.6.06
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário